• PUNTO DE ARAÑA

    PREMIO GARCIA BARROS 2025

    PALLARES, NEREA EDITORIALS VARIES Ref. 9788411764698 Altres productes de la mateixa col·lecció Altres productes del mateix autor
    Premio García Barros 2025 Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da lo...
    Dimensions: 230 x 150 x 10 cm Peso: 253 gr
    Disponible
    17,35 €
  • Descripció

    • ISBN : 978-84-1176-469-8
    • Encuadernació : Rústica
    • Data d'edició : 01/06/2025
    • Any d'edició : 2025
    • Idioma : Gallego
    • Autors : PALLARES, NEREA
    • Número de pàgines : 154
    • Col·lecció : LITERARIA
    • NumeroColeccion : 520
    Premio García Barros 2025
    Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.
    Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as palilleiras —tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira— acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer.
    Punto de araña é unha novela mariñeira e coral, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de redes.